Skip to main content
Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín: Ruta da Fervenza

Por 4 Setembro, 2023Sin comentarios

Ribeira de Piquín está situada dentro da Reserva da Biosfera Eo, Oscos, Terras de Burón e garda no seu interior paraxes de gran beleza natural que poderemos coñecer a través das diferentes rutas que percorren este concello.

Unha destas rutas é que vai dende o Chao do Pousadoiro ata o Muíño de García, denominada PR-G 229 e que ten unha distancia total de catro quilómetros e trescentos metros, con dificultade baixa, que poderemos realizar en aproximadamente dúas horas.

A área recreativa do Chao do Pousadoiro será o punto de inicio e o lugar onde se acompaña o tempo poderemos desfrutar da súa praia fluvial. Dende a área recreativa colleremos camiño pola marxe esquerda do río Eo desde onde observaremos terreos de cultivo antes de adentrarnos nas carballeiras, amieirais e salgueirais que compoñen parte da paisaxe fluvial. 

Continuando dous quilómetros polo camiño e tras atravesar as desembocaduras dos afluentes Salgueiro, Rendide e Castro chegaremos á ponte colgante de Colado de Lamas. Neste punto o percorrido non cruza a ponte pero é recomendable realizar unha pequena desviación para facelo e así poder observar as fermosas vistas. Ademais este lugar está vinculando a unha lenda que conta que durante as Guerras Carlistas leváronse a cabo enterramentos de persoas vivas a causa do asolagamento do terreo.

A ruta continúa polo camiño de terra, na mesma marxe pola que viñamos, ata chegar ás Veigas de Montefurado tras camiñar un quilómetro e, moi preto, está a estación de aforo da CHN, encargada de controlar as aportacións dos caudais do río Eo. Xa finalizando o percorrido atoparemos a ponte de Montefurado e continuando pola marxe do río poderemos observar a desembocadura do río Lúa e máis arriba a do río Rodil.

Por último atoparemos o desvío para coñecer o Muíño de García onde hai dous túneles, un deles que pertence ao muíño e data do ano 1892 e outro que pertence á época romana e que era utilizado para desviar o curso do río Rodil e recoller as pebidas de ouro. O muíño foi construído en 1892 e está formado por dúas rodas movidas utilizando a forza da auga. En 1930 o muíño sufriu unha remodelación para poder subministrar enerxía eléctrica a varios núcleos de Ribeira de Piquín.

Se dispoñemos de máis tempo e gañas, a uns cinco quilómetros do muíño podemos visitar a igrexa de San Xoán do Vaos. Un tempo no que se poden observar auténticos cranios como elemento decorativo que están incrustados na parede do atrio.