Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O pavillón municipal de Chantada acolle a final da Copa Galicia de Baloncesto

Por 23 Setembro, 2023Setembro 24th, 2023Sin comentarios

A final da Copa Galicia de Baloncesto xógase este sábado ás 18.00 horas no Pavillón Municipal de Chantada, no que se enfrontarán os equipos do Ucoga CB Chantada contra o Obradoiro CAB Ames.

Desde o club defenden que conseguiron que a final da Copa Galicia se xogue en Chantada despois de anos intentándoo e para albergala, o club tivo que pagar unha importante suma de dñeiro, polo que a entrada terá un custo de 5 euros.

Así, esperan que a afección de Chantada se anime a participar desta xornada e anime ao seu equipo para que consiga a victoria.