Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O CB Chantada proclamouse campión da Copa Galicia da Federación Galega de Baloncesto

Por 24 Setembro, 2023Sin comentarios

O Club de Baloncesto de Chantada gañou a Copa Galicia da Federación Galega de Baloncesto que tivo lugar no pavillón municipal de Chantada durante a tarde do sábado e despois de que o club chantadino conseguira levar á final ao seu municipio.

Así, no encontro contra o Obradoiro CAB Ames, o equipo local estivo por enriba, a pesar de sufrir, xa que era un rival competente e que tivo oportunidades para poñerse a súa altura e sobrepasarlle, pero os de Chantada conseguiron o éxito.

Adriá Trouvé foi denominado como o mellor xogador do equipo e, tras o enfrontamento, repartíronse os trofeos a ámbolos dous equipos por parte do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo, e concelleira de Deportes, Belén Vázquez e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.