Skip to main content
Carballedo

O 25 de setembro a Oficina Móbil do programa Acelera Peme estará en Carballedo

Por 19 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo acollerá unha furgoneta da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Praza Victor Portomeñe, ás 10.30 horas do día 25 de setembro.

As persoas interesadas neste recurso, concretamente os autónomos e propietarios dunha pequena empresa  que precisan impulsar a dixitalización do seu negocio, serán os máis axeitados para pasar pola Oficina Móbil Acelera Peme.

Nesa oficina, os achegados contarán con asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada.

Ademais, ofrecen servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa; apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, consultoría en marketing dixital e apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.