Skip to main content
Monforte

A 22ª edición do Festival Habaneras celébrase en Monforte este sábado

Por 1 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Festival de Habaneras Concello de Monforte, que este ano alcanza a súa 22ª edición, celébrase este vindeiro sábado, 2 de setembro na praza de Españ aa partir das 21:00 horas.

O Concello de Monforte, dentro do programa do Verán Cultural, organiza unha das citas clásica do verán musical monfortino, e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.

O Festival de Habaneras alcanza as 22 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: á Coral Polifónica Estradense e o Coro de la Bodega de Candás (Asturias).