Skip to main content
Monforte

Monforte acolle esta tarde unha xornada de fútbol feminino

Por 2 Setembro, 2023Setembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte e o equipo ADC Monforte organizan para esta tarde de sábado unha xornada de fútbol feminino, na que se enfrontarán varios equipos en diferentes horarios.

Así, o estadio da Pinguela acollerá o primeiro deles, no que se enfrontarán os equipos femininos do CD Lugo contra o Victoria FC ás 16.30  horas.

Pola súa parte, o estadio Luis Bodegas de Monforte será o escenario do segundo partido, no que o ADC Monforte loitará pola victoria co equipo feminino do Victoria FC B.