Skip to main content
Monforte

O Lugar de Cinsa, en Monforte, acollerá o sábado 23 o San Mateo pequeno

Por 15 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Lugar de Cinsa, en Monforte de Lemos, acollerá o vindeiro sábado 23 de setembro o San Mateo pequeno.

Esta celebración comezará ás 11.00 horas co rego por Bimbastro, seguirá cunha cata comentada e a cegas dos viños de Baamorto, e despois será  misa campestre.

Ao mediodía farase vermú con actuación musical e despois o xantar que consta de xamón, empanada, churrasco con patacas, sobremesa, café, chupito, viño e refresos.

Para participar no xantar haberá que anotarse antes do 20 de setembro chamando ao 666 859 317.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas haberá un café concerto e despois tardeo rockeiro.