Skip to main content
Monforte

Esperta Monforte presenta unha moción sobre a recollida de augas pluviais en Gullade

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

O concelleiro Jaime Germán Vázquez, na súa condición de voceiro do grupo municipal Esperta Monforte do Concello de Monforte de Lemos, vén de presenta unha moción para o seu debate no Pleno da corporación municipal sobre a recollida de augas pluviais na baixada ao campo da festa en Gullade.

“No seu día, foi asfaltada a estrada que une Gullade coas Nocedas e a Penela na baixada cara o Campo da Festa, no chamado Barrio do Río”, di Vázquez.

“Ao non haber ningún rexistro que absorba a auga, a escorrentía da mesma, faina ao lado  dereito, formando formando unha inmensa lagoa diante das casas dese marxe que entran dentro das mesmas como nos documentos adxuntos se pode observar”, engade o monfortino.

“Igualmente nesa lagoa e nesas casas van parar as augas que baixan polo camiño das Bolleiras, xa que non ten máis saída que esa”, sinala, “somos conscientes de que quen no seu día, mandou asfaltar desta maneira sen deixar  sumidoiros para esas augas non pensaba que esta situación se ía producir e ante elo, veciños desta parroquia presentaron unha queixa por esta situación o 26 de setembro de 2022”.

Polo anterior, instan ao equipo de Goberno local que como responsable máximo destes problemas, “tome a  medidas pertinentes e no menor tempo posible solucionen o grave problema que estes  veciños veñen a padecer”.