Skip to main content
A Pobra do BrollónDeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXAO Incio

A XXI Volta Ciclista a Galicia pasará por varias vilas do sur lucense

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

A Volta á Galicia percorrerá un ano máis a xeografía lucense, co apoio da Deputación de Lugo. A Pobra do Brollón será o punto de referencia das dúas primeiras etapas da proba que reúne os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite e que se celebrarán o 14 e o 15 de setembro.

Esta proba consta de catro etapas nas que competirán 16 equipos, a metade deles galegos. Trátase de Vigo Rías Baixas, Aluminios Cortizo, Supermercados Froiz, High Level G. Tormo, Lasal Cocinas Louriña, Retelec Ambilamp, Oiense Escuela Estévez e Club Ciclista Vigués. A eles súmanse formacións de Madrid, Navarra, Estremadura, Cantabria, Castela León e Asturias.

Nesta proba homenaxéase a Gustavo César Veloso, un dos grandes referentes do ciclismo autonómico durante as dúas últimas décadas. Foi gañador dunha etapa da Volta a España e da xeral da Volta da Catalunya.

O percorrido da Volta a Galicia arrinca con dúas xornadas na Pobra do Brollón. Esta localidade acollerá o xoves 14 una contra reloxo individual de 6,7 quilómetros e ao día seguinte será o punto de saída e de chegada dun itinerario de 148 km, que inclúe tres portos de montaña.

As localidades que visitará nos percorridos das distintas etapas na provincia lucense son Bóveda, O Incio e A Pobra de Brollón.

1º Etapa.  14 de setembro.

A primeira etapa da Volta a Galicia será unha contrarreloxo individual con saída e chegada na Avenida de Galicia, no centro da Pobra do Brollón, e un percorrido de 6,7 quilómetros por vías locais na contorna da localidade. A proba comezará ás 18.00 horas.

2ª Etapa. 15 de setembro.

O trazado deseñado para a segunda etapa da Volta a Galicia, tamén con saída e chegada  na Avenida de Galicia, conta con  148 quilómetros e percorrerá estradas dos concellos de Bóveda, O Inicio e Sarria, ademais de tocar o concello de Samos. A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha volta neutralizada pola localidade.

O percorrido conta cun porto de terceira categoría, en Oural (Sarria), un de segunda categoría, na Casela (O Incio), seguido dun descenso pronunciado e técnico, e un de primeira categoría, en Aira Padrón (Samos), o punto máis alto polo que pasarán os ciclistas nas catro etapas da Volta con 1108 metros de altura.