Skip to main content
Abadín

Abadín acolle mañá a ruta dende Galgao ata Gontán

Por 19 Setembro, 2023Sin comentarios

Este mércores, 20 de setembro, haberá unha andaina polo Camiño Norte de Santiago ao seu paso polo concello de Abadín.

Partirase ás 11.00 horas dende a igrexa de San Cosme de Galgao e rematarase na praza da feira de Gontán unha hora e media despois.

Ao finalizar a andaina agasallarase aos participantes cun diploma conmemorativo acompañado duns aperitivos, na nave de cristal de Gontán.

A ruta ten unha lonxitude de cinco quilómetros e é de dificultade media baixa.