Skip to main content
Abadín

Convocada para o mércores a tradicional romería de San Cosme da Montaña, Galgao

Por 25 Setembro, 2023Sin comentarios

San Cosme da Montaña de Galgao, en Abadín, acolle este mércores a súa tradicional Romería, na que teñen especial relevancia os actos relixiosos.

Haberá misas ás 10.00, 11.30, 13.00 e 17.00 horas e a do mediodía estará presidida polo bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. Culminará cunha procesión á que seguirá a tradicional sesión vermú, que estará amenizada polo trío Merengue, que tamén se ocupará da sesión de tarde.

Contarase con servizo de polbo para os que o desexen a partir das 12.00 horas.

A xornada será festiva en Abadín.

O domingo a misa será ás 13.00 horas e a sesión vermú do dúo Merengue, de novo, porá o punto e final á festa propiamente dita antes da romaxe de San Cosme, que será o martes 27.

O horario de misas será ás 10.00, 11.30 e 13.00 horas pola mañá e ás 17.00 horas pola tarde. Os Adrianos encaranse da animación musical á hora do vermú e a partir das 12.00 horas haberá comida e polbo no campo da festa, que estará cuberto con carpa.