Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Tomé estuda coa voceira do PSOE de Friol as necesidades do municipio

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos á voceira municipal socialista de Friol, Ana Pardo, para abordar as necesidades do municipio. O encontro, asegurou José Tomé, serviu para establecer prioridades de cara á elaboración dun plan de actuacións coas que seguir dotando de máis e mellores servizos á veciñanza desta localidade.

“Hoxe saímos de aquí co compromiso do Presidente da Deputación de atender as nosas necesidades, para o que trazaremos iniciativas concretas e vías de colaboración en beneficio da veciñanza”, subliñou a Concelleira.

A Deputación de Lugo dedicou no pasado mandato ao concello de Friol preto de 3 millóns de euros, que serviron para dotar e mellorar servizos e infraestruturas a disposición dos veciños e veciñas, ademais de crear emprego.

No que ten que ver coas infraestruturas, a institución provincial destinou recentemente preto de 150.000€ á renovación dun tramo de 2,2 quilómetros da LU-P-1611, o coñecido como cinto comarcal, ao seu paso polo municipio friolés. A Deputación tamén acometeu a mellora da estrada LU-P-2118, que comunica Guimarei con Vilamaior de Negral.