Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

As piscinas de Friol bateron récord de usuarios no verán

Por 29 Setembro, 2023Sin comentarios

O Complexo Fluvial municipal de Friol, que foi inaugurado o pasado verán despois de rematar as obras de unha reforma integral, bateu récords de usuarios, rexistrando a entrada de unhas 12.000 persoas.

Estes datos recolléronse dende que se abriron as instalacións a mediados de xuño e ata o seu peche a mediados de setembro.

O Concello de Friol optou por ampliar o período de apertura das súas piscinas este verán, pasando de dous meses de apertura que se viña facendo desde fai moitos anos, a abrilas durante tres meses. Este cambio produciuse atendendo ás peticións dos veciños e veciñas, que pedían que se abrisen durante un período mais longo, para poder aproveitar as boas instalacións coas que contan, durante mais tempo.

A reforma que se fixo en este Complexo Fluvial de Friol, o entorno tan marabilloso co que contan en esa zona, o paseo fluvial, o merendeiro, as pistas deportivas, etc., fan que moitos veciños e veciñas de este pobo decidiran achegarse moitas tardes ás piscinas, ao igual que moitas familias, parellas, grupos de amigos, que optaron por visitar Friol para pasar o día, facer uso das piscinas, e desfrutar de todo o entorno.

Todo isto fixo que se expediran case 9.000 entradas entre as de adultos e nenos, sen contar os menores de 6 anos que non precisan retirar entrada.

Ademais fixéronse mais de 300 bonos familiares, e uns 150 bonos individuais, cos cales puideron facer uso das instalacións todos os días que permaneceron abertas.

Hai que contar tamén coas case 80 persoas que participaron nos cursos de natación impartidos durante todo o mes de agosto e principios de setembro, aos que asistiron alumnos de todas as idades, desde os 3 anos ata os 80 ou mais.

Cabe destacar o gran incremento de usuarios que se produciu este verán, tanto de persoas e familias que optaron por facerse socias, como os usuarios que retiraron as súas entradas individuais, así como as persoas que quixeron participar nos cursos de natación, que son subvencionados polo Concello de Friol.

O alcalde de Friol Jose Á. Santos fai un balance moi positivo e di que “da gusto ver que despois do gran esforzo económico que fixemos para que este complexo fluvial fose unha en Friol, a xente ven, fai uso das instalacións, desfruta e repite, é unha gran satisfacción para min e para o meu Equipo de Goberno ver como os nosos veciños e veciñas desfrutan do verán en Friol, e como cada vez mais persoas de outros lugares optan polo noso pobo para desfrutar tamén do período estival”.