Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Bosque Máxico de Bonxe acolle un concerto de piano

Por 4 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

O Bosque Máxico de Bonxe acollerá este sábado, 9 de setembro, unha nova actividade a partir das 20.00 horas.

Trátase dcun concerto de piano a cargo de David Catá, que interpretará a súa música ataviado cunha máscara acorde á mística do entorno.

David Catá é un artista contemporáneo, graduado no grao de Belas Artes na Universidade de Vigo que, actualmente, traballa entre Galicia e Madrid. O seu traballo pode considerarse multidisciplinar xa que mezcla a arte da fotografía, da videocreación, a pintura e a música nun mesmo proxecto.

As persoas que desexen asistir deberán reservar previamente no teléfono 652 225 403 porque a entrada está limitada a 150 persoas.

Entre todos os asistentes sortearase unha noite en tipi.