Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei presenta o venres cun acto as actividades de inverno

Por 25 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O venres 29 terá lugar no salón de actos da casa da cultura do concello de Outeiro de Rei ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno de lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil para a tempada 2023-2024.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns día 2 de outubro ata o día 13 do mesmo mes ou ata cubrir prazas.

Como remate do acto haberá uns pinchos variados no pavillón do colexio público Laverde Ruiz e a actuación da Banda Infantil de música de Outeiro de Rei, Rábade Begonte e Friol.