Skip to main content
A Pastoriza

Catro localidades da Pastoriza únense para celebrar dúas fins de semana de festa

Por 17 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

As localidades de Castiñeira, Seselle, Castrillón e Piñeiros, na Pastoriza, reúnense para celebrar as festas na honra a San Cosme e San Damián.

As festas celebraranse as dúas últimas fins de semana de setembro e darán comezo o venres 22 cunha verbena amenizada por Dani Pardo e o grupo Beatriz ademais dunha disco móbil

O sábado haberá misa solmene ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú e verbena con Ángel América e o dúo Pegaso. Ás 18.00 horas terá lugar un campionato de bolos.

O domingo 24 a misa será ás 14.00 horas, seguida dunha verbena a cargo do dúo Imagine.

A xornada festiva retomarase o sábado 29 cunha verbena amenizada pola solista Ana Sánchez e o dúo Matices.

O domingo haberá unha misa ás 12.00, seguida dunha comida veciñal servida polo catering Boa Vista.

A sesión vermú e a verbena estará a cargo dos dúos Ciclón e Tropical, ademais de Xilgaros de Lugo e José Manuel de Abanico.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.