Skip to main content
A Pastoriza

Convocada unha andaina para o sábado 30 na feira da Reigosa

Por 17 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación Reigosa convocou para o sábado 30 de setembro a II andaina polos diferentes barrios de Reigosa coa fin de promocionar a contorna máis próxima desta parroquia pastoricense.

A saída será do centro sociocultural, ás 10.15 horas, e ten unha duración aproximada de 2 horas e cuarto con dificultade baixa polo que é apta para todas as idades.

Ao rematar haberá uns pinchos de balde para todas as persoas que participen nesta actividade.

Todos os interesados en inscribirse poden poñerse en contacto coa directiva da Asociación.