Skip to main content
A Pastoriza

Pousada celebrará as suas festas a fin de semana

Por 15 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

Pousada, na Pastoriza, estará de festas esta fin de semana, do 16 e 17 de setembro, na honra á Nosa Señora do Rosario.

O sábado, dará comezo a xornada ás 13.30 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Alba que, ademais, será o encargado de amenizar a verbena da noite xunto a Furia Joven.

O domingo 17 a misa será ás 13.45 horas, seguido dunha procesión con gaitas galegas e a tradicional sesión vermú a cargo do dúo Belinda.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.