Skip to main content
A Pastoriza

O Goberno local da Pastoriza repara varias vías e servizos no rural

Por 17 Setembro, 2023Setembro 18th, 2023Sin comentarios

O Goberno local da Pastoriza continuou esta semana cos seus traballos de limpeza e mantemento no medio rural do termo municipal a cargo da brigada municipal. Así, interviron en Pousada, que está esta fin de semana de festa, realizado labores de limpeza.

Traballouse tamén na beiravías nas pistas de terra que foron arranxadas con niveladora. Así mesmo interveuse en Vián, Cadavedo e Lagoa, nos edificios dos servizos e na balsa.

Así mesmo, prepararon os diferentes centros de ensino da localidade para o inicio das clases, axeitando as zonas verdes e camiños no interior dos diferentes recintos.

Xa a semana anterior fixeron o arranxo da cuneta en Xemil. Tamén fixeron a limpeza de depósitos de incendios de Vián e Úbeda así como na depuradora en Miñotelo.

Aproveitando o paso por estas parroquias fixeron traballos tamén en Xemil, Álvare, Bretoña, Fonmiñá e na propia Pastoriza. E é que a brigada contraincendios segue coa limpeza de depósitos de auga e captacións.