Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Remata a tempada nas piscinas municipais de Rábade cun aumento de usuarios

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

As piscinas municipais de Rábade duplicaron este verán o número de abonos familiares e as entradas diarias con respecto ao verán do ano pasado grazas á serie de melloras que levou a cabo o Goberno Local.

Este ano contratáronse tres socorristas para poder facer un uso continuado das piscinas, arranxouse o vaso e as bombas de depuración deterioradas, habilitouse mobiliario nos vestiarios e no exterior para facilitar o uso das instalacións, colocáronse parasois para cubrir a falta de sombras, instalouse unha carpa para o control de acceso e para o uso dos socorristas e leváronse a cabo traballos de limpeza e acondicionamento, así como a realización dun mural moi colorido.

A alcaldesa, Remedios González, explica que todos os traballos que levou a cabo o Concello de Rábade foron pensando “na mellora das instalacións para o seu uso e desfrute por parte dos veciños e veciñas e de todos aqueles que nos visitaron”.