Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A alcaldesa de Rábade leva o conflito do colexio ante a Xunta

Por 9 Setembro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Rábade, Reme González, e o tenente de alcaldesa, Luis Novo, mantiveron este venres unha xuntanza de traballo coa xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Sagrario Sánchez, para tratar con ela a decisión da Xunta de unificar as aulas de 4º e 5º de primaria do CEIP Otero Pedrayo.

A xefa territorial explicoulle ao equipo de Goberno do Concello de Rábade que se trata dunha situación puntual e que hai alumnado suficiente nos outros cursos como para que se poida desdobrar nun futuro máis ou menos próximo, ademais, lles explicou que existen moitos outros centros nos que pasa o mesmo e que, no caso de Rábade, hai profesorado suficiente para separar os cursos nas materias fundamentais.

Sagrario Sánchez comprometeuse coa rexedora a que, no caso de producirse incremento de matrícula nese grupo, se estudará de novo a situación.

Remedios González, que participou na concentración convocada pola anpa diante do centro, trasladaralles aos pais e nais a información facilitada pola xefa territorial para o seu coñecemento.

Para o luns está prevista outra concentración, ás 9.00 horas, diante do centro educativo, ademais, os alumnos destes cursos non asistirán ás aulas que comenzaban ese día en sinal de protesta.