Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O mércores terá lugar a primeira reunión do club de lectura de Fillos do Chaira

Por 25 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro mércores 27 de setembro, terá lugar a primeira reunión do club de lectura de Fillos do Chaira de Rábade, que consistirá nunha serie de encontros mensuais sobre lecturas non longas e para todas as audiencias e gustos. Será ás 20.00 horas na cafetería Asador Coto Real.

Desde a organización lembran que para ese día non hai nada que ler, xa que unicamente van presentarse, falar da dinámica do club e votar pola primeira lectura.