Skip to main content
Barreiros

Continúan os traballos de mellora no pavillón municipal de Barreiros

Por 1 Outubro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Continúan os traballos de mellora no pavillón municipal de Barreiros nos que se están a cambiar a cuberta, procedeuse a abrir unha porta lateral de emerxencia e que facilita a prestación de servizos na instalación.

Tamén se renovaron os focos da pista deportiva, logrando unha iluminación adecuada para estas infraestruturas que non se tiña cos existentes.

Así memso, tamén se adxudicaron as obras para a mellora do ximnasio e a creación de espazos para servizo do pavillón, como baño adaptado ou sala de enfermería.

O goberno municipal ratifica así os seus compromisos, executando proxectos necesarios e que melloran e adaptan ás normativas as instalacións deportivas municipais.