Skip to main content
Burela

Os veciños e veciñas de Burela poderán participar nun obradoiro para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar

Por 15 Outubro, 2023Outubro 16th, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela organiza un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP). A actividade terá lugar o vindeiro luns 16 de outubro no 18.00 horas no salón de plenos do Concello de Burela.

A proposta contará coa participación dos ponentes Diana García Campos, enfermeira da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña. A actividade coincide coa celebración do Día Europeo sobre a concienciación ante o paro cardíaco, este ano co lema “Unha sociedade que salva vidas”.

Dende o Concello queren destacar a relevancia deste obradoiro. “Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.