Skip to main content
Burela

A Casa da Cultura de Burela collerá o concerto de Airiños da Freba este sábado

Por 17 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

O sexteto de música tradicional Airiños da Freba actuará na Casa da Cultura de Burela o vindeiro sábado 21 de outubro, a partir das 19.00 horas, como parte da programación da delegación municipal de Cultura.

Galardoados nos Premios Martín Códax da Música 2022, estes lucenses con máis dunha década de traxectoria farán vivir aos asistentes unha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50 do século pasado, co seu repertorio orixinal inspirado na música dos conxuntos desa época.

En discos como ‘O’ de Lacón’ (2017) e ‘Con grelos’ (2020) amosan a súa música 100% tradicional da provincia de Lugo, coa que farán bailar ao público ao tempo que reivindican o patrimonio etnomusical.