Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O adestrador de porteiros José Sembade contará coa colaboración de Santi Expósito e Kiko Mariño do SD Burela

O adestrador de porteiros José Sambade, con experiencia en diferentes equipos e na selección española, acaba de abrir en Burela unha sede da súa academia de tecnificación, coa que forma a 150 mozos por toda España.

Tras chegar a un acordo co presidente da SD Burela, Jairo Campo, contará coa colaboración de Santi Expósito e Kiko Mariño para os adestramentos e a academia xa conta en Burela con más de 10 alumnos.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, estivo onte con eles en A Marosa e amosouse “encantada con esta oportunidade para os nosos mozos que queiran ser porteiros”.  “A Sambade Goalkeeper Academy representa voltar a onde comecei, a formación dos máis novos, o cal faime moita ilusión”, explica Sambade.