Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acolle unha nova edición da súa concentración mototurística

Por 9 Outubro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Mondoñedo volve acoller unha das concentracións moteiras máis antigas de toda a comunidade. No Concello terá lugar unha nova edición da Concentración Mototurística N-634 Cidade de Mondoñedo os vindeiros días 16 e 17 de marzo.

Nesta ocasión, a cita reforza a súa relevancia e chega a súa XXXIII edición, tras varios anos ofrecendo unha programación a base de ceas, música, xogos, desfiles polas rúas da localidade e varios sorteos.

A Invernal de Galicia marca o inicio das concentracións moteiras a nivel autonómico e convértese nunha das primeiras de todo España despois de Pingüinos e Motauros.

Nos últimos anos e tras as tres cancelacións que sufriu o evento ata o 2021, motivado en parte pola covid, a ruta suma adeptos e supera o seu número de inscricións edición tras edición. Deste xeito, tal e como se viu nos últimos anos, Mondoñedo encherase de motos e de xente de todo o territorio nacional que se desprazan ata a vila mindonense para gozar da festa.