Skip to main content
Mondoñedo

Isabel Rodríguez ofrece a colaboración do Goberno para garantir a seguridade na festa As San Lucas 2023

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu este martes a Xunta Local de Seguridade do Concello de Mondoñedo xunto coa da festa As San Lucas 2023. Na reunión revisouse o dispositivo que velará pola seguridade no municipio nos días 17 ao 22 de outubro. Mediante este dispositivo e coa colaboración do Goberno preverase o correcto desenvolvemento desta 867 edición, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, que reunirá a persoas do municipio e arredores.

“A Subdelegación colaborará activamente co Concello para que Mondoñedo conte cos días grandes da festa cunha tranquilidade e seguridade excepcional e poida gozar dunha cita consolidada no tempo e na provincia”, informou Rodríguez. Á súa vez, a subdelegada agradeceu o labor da Garda Civil no municipio pola redución das infraccións nestes meses con respecto o mesmo período do ano pasado. Remarcou tamén o descenso dos delitos leves no que levamos de ano e o esclarecementos de todos eles.

A subdelegada informou destes datos do lugar xunto o alcalde, Manuel Otero, e na que tamén participaron representantes e responsables de Seguridade do Concello, da Garda Civil e Subsector de Tráfico, Emerxencias, Policía Local e da Asociación As San Lucas. Rodríguez referenciou o traballo do corpo para a prevención de problemáticas a través do plan director realizado en colexios da zona, A través desta iniciativa impártense conferencias dirixidas a escolares que teñen como obxectivo alertalos dos riscos de internet e as TIC, o consumo de substancias ou a prevención de incendios forestais, entre outros temas. Para este novo curso, o plan está de volta, tendo xa expostas varias charlas.

No relativo á violencia de xénero, a subdelegada lembrou que as mulleres que estean a sufrir algún tipo de violencia machista poden denuncialo a través do corpo ou mediante o número 016. Este teléfono non deixa pegada e presta asesoramento xurídico e atención psicosocial por persoal especializado ante todas as formas de violencia contra as mulleres.