Skip to main content
Mondoñedo

Budiño actuará durante a festa das San Lucas de Mondoñedo

Por 17 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo e a Asociación As San Lucas anuncian o concerto do músico e gaiteiro galego, Budiño, que terá lugar durante a festa das San Lucas de Mondoñedo o vindeiro día 18 de outubro.

A Praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario desta actuación, que terá lugar a partir das 21.00 horas, e que será de entrada libre para todas as persoas interesadas en escoitar a súa música.

Neste concertoo, Xosé Manuel Budiño interpretará o seu novo álbum, Branca Vela, composto por dez cancións “compartidas con grandes amigos e amigas”, segundo sostén o cantante.