Skip to main content
Ourol

O centro social de Bravos acollerá un campionato de tute

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos, de Ourol, prepara un campionato de tute para o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir do 5 de novembro.

Este evento será no local social de Bravos ás 18.00 horas e haberá un máximo de 8 parellas. Para participar será necesario anotarse por Whatsapp 661 866 552 ata 29 de outubro.

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos de Ourol adícase dende o 2014 á divulgación e á posta en valor patrimonial e cultural que posúe a parroquia de Bravos e o Concello de Ourol.

Aturuxeiros conta con arredor de 100 socios e estes son unha parte importante xa que son os que axudan a orientar e aportar ideas. Por iso o custe é case simbólico, xa que máis que nada “o que se pide é o apoio e o aporte de ideas”, di Mari Carmen, presidenta.