Skip to main content
Trabada

O Oktoberfest de Trabada será este venres 13

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

Trabada acollerá o vindeiro venres 13 de outubro unha festa de disc-jóckeys baixo o nome Oktoberfest.

A festa comezará ás 18.00 horas na praza do Concello onde estará o rencinto cuberto cunha carpa e tamén haberá posto de comida e de bebida. Este “tardeo” estará amenizado por The Sound Project que levará o seu disco móbil.

Ademais, esta cita contará cos Djs Pedro Brmudz e Litainer que a partir das 00.00 horas amenizarán a noite e farán bailar e desfutar á veciñanza.