Skip to main content
Trabada

Máis de 2.000 hectáreas afectadas no incendio de Trabada que xa está extinguido

O incendio forestal rexistrado no concello lugués de Trabada o pasado xoves sobre as 15.00 horas quedou extinguido na tarde de onte, domingo, despois de afectar a unha superficie de 2.326 hectáreas, a maior parte delas de monte arborado, na súa maioría, eucalipto.

O lume, que chegou a Ribadeo, fixo que se mobilizaran, en conxunto, 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. Instalouse, así mesmo, un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas de extinción.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.