Skip to main content
O Vicedo

A XIX edición do desfile de Samaín do Vicedo será hoxe

Por 31 Outubro, 2023Novembro 1st, 2023Sin comentarios

Este ano celébrase a XIX edición do desfile de Samaín do Vicedo, un desfile infantil que percorre as rúas do pobo cos nenos e adultos ataviados con sábanas brancas para espantar os malos espíritus, seguindo a tradición dos antergos celtas.

Partirá da casa da cultura ás 19.30 horas e regresará ao mesmo lugar despois de desfilar polas rúas Cidade de Mondoñedo, Vías e Obras e regreso por Cidade de Mondoñedo á xasa da xultura.

Ao remate haberá chocolatada para os participantes cortesía da APA do Vicedo.