Skip to main content
Xove

O Alto do Cruceiro, en Xuances, Xove, celebrará a Festa do Ramo esta fin de semana

Por 4 Outubro, 2023Outubro 5th, 2023Sin comentarios

O Alto do Cruceiro, en Xuances, celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro. O lugar de celebración será no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado no ano 2014 en honra do máximo promotor desta festa e falecido nese mesmo ano. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo.

O venres a partir das 20.00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. En total contarán con máis de 1000 racións, as cales esperan que se agoten rapidamente. E ás 23.00 horas empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.

O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.

E para o domingo ás 13.00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.