Skip to main content
Xove

Este sábado será a XII Edición do Encontro de Palilleiras de Xove

Por 5 Outubro, 2023Outubro 6th, 2023Sin comentarios

O sábado 7 de outubro celébrase no pavillón de deportes a XII Edición do Encontro de Palilleiras Coas Nosas Mans do Concello de Xove.

A xornada será de 10.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas e durante todo o día poderase desfrutar de demostracións deste labor.

Espérase a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias e arredor duns 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.