Skip to main content
Xove

O Concello de Xove actualiza o equipamento do ximnasio municipal

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove segue a mellorar as súas instalacións municipais, e nesta ocasión estivo a actualizar o equipamento do ximnasio municipal.

Así, incorporaron equipamentos novos dos que máis se usan como son as cintas de correr ou as bicicletas de spinning, segundo o Concello, “os equipamentos son da recoñecida marca Salter, son da mellor calidade”.

Este acondicionamento serve para prestar un mellor servizo a tódolos usuarios e que todos os servizos estean a punto para a veciñanza.