Skip to main content
Xove

Xove estrea Impacto Xuvenil, unha asociación que pretende representar á mocidade do Concello

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

Unha nova asociación bota a andar no Concello de Xove. Trátase de Impacto Xuvenil, un grupo de participación xuvenil que pretende representar á mocidade de Xove.

A través desta asociación preténdese impulsar a participación dos rapaces e rapazas nas actividades e vida social do Concello. As persoas interesadas en formar parte do grupo, que conta co apoio do departamento de Xuventude do Concello, poden chamar ao 982 571 816 ou poden achegarse ao Centro Xuvenil para solicitar máis información.