Skip to main content
Xove

Hipócrita Teatro achega a comedia ‘Casting’ ao centro cívico do Concello de Xove

Por 14 Outubro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Este sábado 14 de outubro, o grupo Hipocrita Teatro poñerá en escena a Comedia Casting no salón de actos do centro cívico de Xove. Esta actuación, que comeza ás 19.00 horas, pertence ao Circuito de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello.

A obra de 55 minutos de duración achega a vida de Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine erótico e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel.

Atrapadas nunhas personaxes femininas prototípicas, chegarán ao límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Unha comedia agridoce sobre os estereotipos femininos no cine de Hollywood para chorar, rir, ou chorar coa risa.

Hipócrita Teatro

O grupo Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do 2004 tras a agrupación de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizaba o Concello. Desde entón traballan de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través de diferentes actividades no eido do teatro, como a creación e representación de espectáculos teatrais para todos os públicos, de pequeno formato ou de gran formato; formación dos seus membros; accións de divulgación e comunicación das súas actividades a través de diferentes medios; colaboración con outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro: programación ao longo de todo o ano, no local asociativo.