Skip to main content
Xove

Entréganse os cinco premios do concurso fotográfico ‘Xove, a súa costa e o seu mar’

Por 17 Outubro, 2023Sin comentarios

Este luns entregáronse os premios da nova edición do Concurso de Fotografía Medioambiental ‘Xove, a súa costa e o seu mar’, que contou cos fotógrafos Santos Cordovilla e Enrique Toral como xurados.

De novo esta novena edición contou con cinco premiados que recibiron os seus respectivos premios en metálico.

O primeiro galardoada foi Germán Paleo Navarro cona obra Dereito ou Revés, pola que recibiu 120 euros. O segundo premio foi para Estíbaliz Sáez de Ibarra Llano que gañou coa súa obra Areas Vivas 100 euros.

O terceiro premio de 90 euros recaeu en Begoña Amor Ruiz coa obra Sitio con Encanto. Pola súa parte, o cuarto premio de 75 euros foi para a obra Portiño Portocelo de Jesús Casabella Lage; mentres que o quinto, de 65 euros, foi para José Manuel Arroyo Gimeno coa obra Cabo Roncadoira desde Morás.

A organización quixo aproveitar o acto de entrega dos premios para agradecerlle o traballo de avaliación do xurado nesta nova edición.