Skip to main content
Xove

A XXIX Festa da Terceira Idade de Xove celebrarase mañá

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

A Festa da Terceira Idade, que xa vai pola súa vixésimo novena edición e que vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello, celebrarase mañá venres 27 de outubro.

Esta tradicional cita xovense contará con actividades ao longo de todo o día, e que comezarán ás 12.30 horas coa misa na Igrexa Parroquial de Xove, acompañada por un Trío de Cordas da Escola Municipal de Música. Acto seguido, ás 14.00 horas será o xantar no Restaurante Louzao de Area.

Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da festa, home e muller. Posteriormente todos os participantes van gozar dun baile.

O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratuítos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.