Skip to main content
Xove

O Concello de Xove colocará dous colectores marróns para os residuos de procedencia orgánica

Por 28 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove colocará dous colectores marróns para os residuos de procedencia orgánica trala obriga do Estado Español de que os concellos de máis de 5.000 habitantes deben facer a recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos.

No colector marrón verteranse residuos de procedencia orgánica que serán recollidos e transportados á planta de biorresiduos de Cervo para ser transformados en compost ou biogás.

Estes contedores estarán situados na zona urbana de Xove e na urbanización de Palmeiro. Para utilizalos tan só se precisa unha chave que se entregará gratuitamente, unha por vivenda, con previa solicitude no Concello.

Para anotarse haberá que chamar ao teléfono 982 592 001, por email en medio.ambiente@xove.es ou nas oficinas municipais.

Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar hacia un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que aboga por darlle unha nova vida aos residuos convertíndoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo produtivo.