Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Os veciños de Barreiros poderán gozar do Samaín cunha xuntanza en Santo Estevo

Por 18 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A asociación Barreiros Mar e Monte organiza a tradicional festa do Samaín o vindeiro 30 de outubro a partir das 20.00 horas no café bar Moderno.

Despois da xuntanza, terá lugar a cea en Santo Estevo con comida que levarán os asistentes e queimada incluída e, despois, será a quenda da andaina a pé. Os membros da asociación, que se caracterizarán de druidas, animan a levar lanternas a todos os que participen.

Os interesados en participar no magosto e Samaín poden anotarse ou solicitar máis información a través do correo barreirosmaremonte@gmail.com ou do teléfono 622 758 079.