Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

A. D. Augas Santas Barreiros organiza a segunda edición da Ruta BTT

Por 21 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A.D. Augas Santas Barreiros organiza a segunda edición da Ruta BTT, que terá lugar o vindeiro 19 de novembro. A marcha ofrece de novo dous tipos de marchas en función da duración.

Unha das modalidades é de de 34 quilómetros (máis de 1100 metros) e a outra opción comprende 32 quilómetros (máis de 900 metros) e está dirixida a aqueles deportistas con menos técnica.

Os interesados en participar na segunda edición da marcha, que logrou máis de 160 inscritos o ano pasado, xa poden anotarse a través da web.Os dorsais poden ser retirados o sábado de 17.30 a 19.30 na pista de pádel de San MIguel de Reinante e o domingo desde as 8.00 horas.