Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

Os veciños de Martín organizan o seu magosto o 28 de outubro

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 28 de outubro os veciños de Martín, parroquia do Concello de Bóveda, poderán gozar do seu propio magosto a partir das 21.30 horas da noite na Casa da Escola.

As persoas participantes poderán desfrutar desta festa, na que haberá panceta, viño e castañas e un gran sorteo presencial. Ademais, estará a venda a lotería de nadal en favor da comisión de festas.

Ademais, o evento estará amenizado polo dúo Pégate para que os veciños e veciñas desfruten tamén da música. Os interesados deben pagar unha entrada de 5 euros.