Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Organízase unha xornada sobre a internacionalización no mundo do viño en Monforte

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 27 de outubro, o GDR Ribeira Sacra – Courel organiza unha nova xornada sobre o sector vinícola. A cita, que xira en torno á a internacionalización no mundo do viño, terá lugar no Centro Cívico de Monforte de Lemos.

A inauguración será ás 18.00 horas. O acto contará coa presenza de José Tomé, alcalde de Monforte; Antonio Lombardía, presidente da D.O. Ribeira Sacra e José Manuel Arias, presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel.

A partir das 18.15 horas dará comezo a mesa redonda Como afrontar un proceso de internacionalización?, da man de Ana Sedes de Pinkadillac. A partir das 19.00 horas, Hugo Fraga, CEO de Hyliacom, impartirá a exposición Que me pode aportar o marketing dixital?

Ás 19.45 horas será a quenda de Mariola Varlona, directora do departamento de exportacións de Pinkadillic, que falará sobre as oportunidades do sector do viño en EEUU e no Reino Unido. A xornada rematará coa degustación de produtos locais, que comezará ás 20.30 horas. Os interesados en participar na xornada deben realizar a súa inscrición a través da web.