Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

Bóveda celebra o Samaín cun concurso de cabazas e un obradoiro de zonchos

Por 31 Outubro, 2023Novembro 1st, 2023Sin comentarios

O Concello de Bóveda invita a súa veciñanza a celebrar a festa máis terrorífica do ano. A ocioteca acollerá a celebración do Samaín o vindeiro venres 3 de novembro a partir das 16.30 horas.

Entre a programación inclúese un concurso de cabazas decoradas e un obradoiros de colares de castañas cocidas con anís, tamén chamados zonchos. Os que se acheguen tamén poderán gozar do túnel do terror.

Os menores de 6 anos deben estar acompañados dun adulto. Os interesados na actividade xa poden inscribirse no 982 426 006 ou de forma presencial no centro sociocultural.