Skip to main content
Lugo

Candia presenta unha serie de actividades para promocionar o barrio da Residencia

Por 4 Outubro, 2023Sin comentarios

Coincidindo coa inminente inauguración dun dos primeiros servizos que se abrirán nesta zona, o PP presentou un programa de actividades para recuperar a memoria da Residencia e poñer en valor o importante investimento da Xunta no barrio.

Elena Candia manifestou “o compromiso inequívoco e a sensibilidade do Partido Popular na transformación da Residencia” e reivindicou “esta forma de facer política como modelo para transformar e mellorar os barrios”.

Ramón Carballo engadiu que “a única administración que fixo posible a creación de novos servizos nesta zona foi a Xunta que investiu máis de 32 M€ nas novas dotacións” lamentando que “a achega do concello con este barrio sexa a construción dun carril bici inútil que complica a vida da súa veciñanza”.

A presentación de dous vídeos nos que interveñen veciños, hostaleiros e políticos foi, o punto de partida desta programación especial coa que tanto a voceira do Grupo Municipal e presidenta provincial, Elena Candia, como o presidente local, Ramón Carballo, manifestaron que “resulta moi gratificante formar parte da folla de ruta da historia dun barrio con tantas posibilidades”.

Como parte dos actos previstos explicaron que pedirán a colaboración aos veciños e persoal que traballou no Materno Infantil e no Xeral Calde para que aporten imaxes antigas para documentar a vida do barrio.

A iniciativa comezará coa recollida do material que terá lugar na sede do PP, na rúa Poeta Ramón Cabanillas, entre o 15 de outubro ata o 30 de novembro e co material montarase unha mostra fotográfica que se inaugurará no mes de decembro.

Outras actividades complementarias serán a celebración de varias mesas redondas nas que participará tanto a veciñanza así como o persoal vinculado ao antigo Xeral e ao Materno e empresarios e autónomos da zona para falar “do que foi o barrio no pasado e do futuro prometedor que ten cos novos servizos que se abrirán”.