Skip to main content
Monterroso

O BNG consegue o apoio unánime do Pleno de Monterroso para que a reposición das taxas da gardería

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

O BNG consegue o apoio unánime do pleno de Monterroso para que se busque a formula para a reposición das taxas da gardería.

“En Monterroso existe unha escola infantil que se acolleu a este plan, mais como este plan saíu publicado no DOG do 3 de agosto de 2022 para acollerse as familias a partires do 1 de setembro dese mesmo ano, debíase facer unha modificación da ordenanza para poder efectuar esta gratuidade. Como isto non se fixo, as familias pagaron o importe correspondente segundo a ordenanza en vigor que non se adecuaba ao mandato da Xunta”, din dende o BNG.

O retraso na aprobación desta ordenanza fixo que as familias pagasen as cotas dende setembro ata decembro, “algo que incumpría o DOG da Xunta de Galicia. O concello de Monterroso ten que buscar os mecanismos axeitados para compensar  dese gasto ás familias “ considera Brais Vázquez.

Este é o primeiro Pleno ordinario celebrado en Monterroso nesta lexislatura e nel “acudimos abraiados a unha serie de reproches entre o anterior tenente de alcalde , actual alcalde e a anterior alcaldesa “ non podemos deixar que os plenos do concello se convertan nun “e ti máis”  entre os dous grupos políticos.  Os plenos teñennos que servir para traballar a prol do noso concello” manifesta Brais Vázquez.

Para que Monterroso avance debemos traballar todo o pleno xunto dado que o goberno actual esta en minoría. “ E neso o Sr. Alcalde sempre poderá contar connosco” afirma o nacionalista.