Skip to main content
Monterroso

Monterroso súmase ao Proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas

Por 30 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso súmase ao proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas. A iniciativa pretende promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.

Unha vintena de concellos rurais de Galicia, entre os que se atopa o noso, cooperan no marco deste proxecto. A pasada semana celebrouse unha reunión en Santiago cos socios do proxecto na que participou o concelleiro de Monterroso, Balbino Martínez.

A previsión é que as primeiras comunidades enerxéticas estean activas en setembro de 2025, data a partir da cal os consumidores se converterán en “prosumidores”, xa que ademais de consumir, podrán almacenar, compartir ou vender o excedente de enerxía xerado.