Skip to main content
Palas de Rei

A estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira “debe ser reparada”

O Concello de Palas de Rei solicita, unha vez máis, o arranxo da estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira, xa que se atopa en mal estado e xa foi obxecto de reclamacións noutras ocasións.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, solicítalle ao goberno bipartito da Deputación Provincial, “que atendan ás numerosas demandas e reclamacións presentadas polos veciños afectados e que fan uso do mesmo, e procedan, con carácter de urxencia, a execución das obras de reparación do citado vial”.

Así, explica que “nos últimos anos, son xa numerosas as continuas reclamacións de particulares afectados manifestando as súas queixas ante o estado do vial e en determinadas ocasións presentando alegacións ao concello, como administración máis próxima, polos danos ocasionados nos seus vehículos”.